Skip to main content
Burela

Touriñán volverá á casa da cultura de Burela para representar o seu monólogo Aquí Tou!

Por 11 Marzo, 2023Abril 19th, 2023Sin comentarios

O venres 14 de abril ás 20.30 horas Xosé Antonio Touriñán voltará á Casa da Cultura de Burela para representar o seu monólogo Aquí Tou!.

O cullerdense fará un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegxs, todxs nos sentimos identificadxs. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

Así Touriñán tratará de dar resposta durante o espectáculo á nai de todas as preguntas: Estou neste preciso lugar e neste mesmo momento polas decisións que tomei ou foi a sorte, a casualidade e o destino os que me trouxeron ata aquí? Para atopar a resposta fará un repaso da vida dos seus antepasados e da súa propia, animando ao público ao facer o mesmo e así, entre todos, tentar despexar a incógnita: Si, aquí tou, pero por qué?.

As entradas xa están á venda en ataquilla.com.