Skip to main content
Cervo

Cervo celebra o Día Internacional da Muller desde hoxe, e durante toda a fin de semana

Por 10 Marzo, 2023Marzo 11th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller desde este venres, e durante toda a fin de semana.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

Este venres, Tito Rober amenizará a tarde a partir das 19:30 horas cun divertido monólogo no Auditorio da Casa da Cultura e a xornada rematará coa presentación do reportaxe “As mulleres de Cervo”, unha homenaxe en forma de vídeo ao incesante traballo de varias das mulleres do municipio.

O sábado 11 terá lugar a xa tradicional cea do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 22:00 horas. Na cea farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar dende o mes de xaneiro, así como un sorteo de agasallos cedido polas asociacións e haberá un detalle para cada unha das asistentes confeccionado pola asociaición de Saúde Mental A Mariña. A xornada rematará con baile na Casa do Mar, a cargo do Dúo Estrellas.

A fin de semana terminará por todo o alto o domingo 12 de marzo ás 19:00h co Kararoke pola Igualdade -organizado por primeira vez no Concello de Cervo, no Auditorio da Casa. As persoas interesadas poden anotarse incluso ese mesmo día, na Casa da Cultura.