Skip to main content
CervoFoz

O día 19 haberá unha xornada de valores no deporte e igualdade de xénero en San Cibrao e Foz

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela e o Burela FS colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela para fortalecer os valores do deporte, a integración social e a igualdade de xénero con diferentes actividades.

Será unha actividade que se fará o domingo 19 de marzo pola mañá no pavillón da Veiga de San Cibrao e pola tarde no do Colexio Martínez Otero de Foz e conta cun máximo de 50 prazas.

Traballaránse aspectos coma a comunicación e cohesión grupal, importancia de roles, cooperación, esforzo, etc., co obxetivo de que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia destes aspectos no eido deportivo e na vida en xeral.

A actividade será dirixida por un psicólogo especialista no deporte e varios educadores físicos con amplia experiencia en deportes colectivos.

Dúas partes compoñen a actividade, unha pequena introducción teórica sobres os aspectos máis relevantes da temática, seguida dunha parte práctica na que se manifestarán os contados adquiridos.

A inscrición é gratutita e realizaráse exclusivamente nesta web por parte da nai/pai/titor ou persoa responsable. No caso de que unha persoa inscrita finalmente non poida acudir solicitamos que o comunique no apartado do menú inicial “contacta connosco” para poder liberar esa praza.

Se é preciso contactar pode facerse no correo electrónico: escuelasdeportivas@burelafs.org