Skip to main content
Cervo

En marcha o Cervo Concilia de Semana Santa

Por 25 Marzo, 2023Marzo 26th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo ten en marcha unha nova edición de Cervo Concilia de Semana Santa, un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares.

Esta actividade indicada para nenos de entre 3 e 12 anos e permite aos pais conciliar a súa vida laboral.

Levarase a cabo do 3 ao 5 de abril en horario de 8.30 a 14.30 horas. E para participar será necesario inscribirse. As inscricións formalizaranse na casa da cultura ou no Concello de Cervo ata o 30 de marzo.