Skip to main content
Foz

A IV edición das xornadas de pesca con señuelos da Ribeira de Foz será o 22 de abril

Por 6 Marzo, 2023Marzo 7th, 2023Sin comentarios

A IV edición das xornadas de pesca con señuelos que organiza a asociación A Ribeira de Foz será o 22 de abril e contarán con charlas sobre técnicas, materiais e probas prácticas.

Este evento, que está aberto a todo o público e é gratuíto, arrincará o programa ás 11.30 horas con charlas de Light Spinning e equipos lixeiros. Ás 12.15 será a quenda de Dentex Cantábrico e San Martiño. Pescalos a Jigging Lixeiro e Softlures.

Ás 13.00 chegará a charla sobre O Calamar. Tip Run. E acto seguido será o xantar de confraternización ao que haberá que anotarse antes do 12 de abril. Xa pola tarde haberá unha exhibición de pesca e as probas por equipos. A organización lembra que ao remate da demostración haberá sorteos de material.

Para más información haberá que chamar ao 639 282 158 ou 626 309 804.