Skip to main content
BurelaFoz

O Mitma abrirá a vindeira semana un desvío provisional na estrada N-642 para executar as obras

Por 18 Marzo, 2023Marzo 22nd, 2023Sin comentarios

O Mitma, Ministerio de Rransportes, Mobilidade e Axenda Urbana, está a executar as obras de emerxencia na estrada N-642 na que colapsou a vía en xaneiro debido a unha deficiente drenaxe que se atopa por debaixo transversalmente.

Así, o luns 20 ou o martes 21 abrirán o novo desvío provisional en dita zona e que dará acceso á vila de Burela para garantir a fluidez do tráfico mentres se acomenten os traballos.

O rexedor municipal focego explicou que “unha vez rematado o desvío provisional, un corte ferroviario o 10 de abril vai posibilitar executar a seguinte fase, cunha importante escavación na estrada actual que deberá resolver o problema de forma  definitiva. Ao ser unha obra de emerxencia puidéronse axilizar os prazos: preocupábanos moito que a obra non avanzara ante o incremento de tráfico que se produce en verán. Ademais hai que destacar que Carreteras atendeu a reclamación do Concello e vai habilitar un ramal provisional para acceder ao parque empresarial de Burela desde Foz, evitando deste xeito o rodeo que teñen que facer a día de hoxe veciños e tráfico pesado”.

O Concello de Foz valora moi positivamente a próxima apertura do desvío e o avance dos traballos na estrada Nacional n-642 na Areoura. “Preocupábannos os prazos das obras, pero o Ministerio está a cumprir de forma moi rigorosa coas datas que nos trasladou. Despois dos asentamentos producidos na N-642 á altura da Areoura o 20 de xaneiro e dunha fin de semana de gran incerteza coa Mariña dividida en dous solicitamos unha reunión coa Dirección General de Carreteras. Nese encontro trasladáronos os distintos fitos, os cales están a cumprir rigorosamente”, explica Fran Cajoto.

Fran Cajoto destaca: “os dous concellos estamos moi coordinados con Carreteras ante este gran problema, a comunicación co alcalde de Burela e coa concelleira Carmela López é constante. Agradecemos a dilixencia do Ministerio para sacar adiante unha obra de emerxencia que é fundamental non só para Foz senón para toda a comarca e que fai máis palpable ca nunca a necesidade que temos da tan agardada autovía”.