Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O Pasatempo de Mondoñedo organiza unha nova edición da Festa da Árbore

Por 8 Marzo, 2023Marzo 9th, 2023Sin comentarios

A A.C. Pasatempo organiza unha nova edición da Festa da Árbore que conmemora a primeira plantación de árbores na Alameda dos Remedios, sendo rexedor Luis de Luaces.

As actividades lúdicas comezarán o domingo 12 na Área Recreativa de A Fervenza ao longo da mañá, para rematar o día cunha plantación na Praza Jaime Cabot e teatro familiar no auditorio municipal.

O programa dará comezo ás 11.00 horas cunha andaina e unha visita á antiga fábrica da Electricista Mindoniense. Máis tarde haberá xogos populares e a decoración do mural.

Máis tarde será a entrega de premio do IX Concurso de Árbore na Casa da Cultura, e acto seguido haberá un espectáculo de maxia infantil a cargo do mago Kiko Carrolo. A xornada rematará ás 19.00 horas con teatro.