Skip to main content
Ribadeo

Desprendeuse un falso teito no centro de saúde de Ribadeo pola acumulación de excrementos de pomba

Por 3 Marzo, 2023Sin comentarios

Desprendeuse un falso teito no centro de saúde de Ribadeo ocasionado pola grande acumulación de excrementos de pomba. O Concello púxose a disposición da Consellería de Sanidade.

O alcalde, Fernando Suárez, comentou que “con grande alarma acudimos a ver que pasaba no centro de saúde e finalmente temos que dicir que non é para tanto. É significativo e curioso porque houbo un desprendemento do falso teito por mor da acumulación de quilos e quilos de excremento de pomba. Durante moitos anos por algún furado ou recuncho se introduciron desde a cuberta exterior a un falso teito debaixo dunhas escaleiras e coa acumulación de excrementos acabouse desprendendo parte dese falso teito”.

Suárez Barcia explicou que “desde o Concello enviamos a persoal de Obras e de Medio Ambiente para que retiren con coidado todo ese excremento, que supoño que servirá de abono para os parques, e tamén nos puxemos a disposición e baixo as instrucións da delegada de Sanidade da Xunta de Galicia para coordinar porque a fin de contas o centro e deles e as obras débeas facer a Xunta para repoñer as instalacións, pero en todo caso a lealdade e a colaboración do Concello de Ribadeo sempre é sistemática, nestas cousas pequenas como noutras grandes”.