Skip to main content
Ribadeo

Deron comezo as obras na rúa Casa do Pobo, en Ribadeo

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

Deron comezo as obras na rúa Casa do Pobo, que supoñen un investimento de preto de 100.000 euros.  O edil ribadense, Pablo Vizoso, explicou que “nestes días deron comezo as obras na rúa Casa do Pobo, e se están a desenvolver traballos de acondicionamento desta zona norte da nosa vila. Coa execución deste proxecto damos un paso definitivo para arranxar este vial que se atopaba en moi mal estado de conservación e que levaba moitos anos precisando unha mellora”.

Pablo Vizoso contou que “estivemos estes últimos meses cun intenso traballo técnico para elaborar o proxecto de acondicionamento desta rúa, e tamén dialogando coa veciñanza para poder plantexar unha actuación conforme ao plan xeral de ordenación municipal. Este contempla unha rúa de 10 metros de ancho. As veciñas e veciños da Casa do Pobo cederon as superficies necesarias para poder chegar a ese ancho, e por iso, hoxe é posible construír esta rúa moderna, cómoda, que contará con beirarrúas novas e aglomerado en quente. Instalarase tamén unha nova canalización de saneamento, mellorando a de abastecemento de auga, e soterraranse as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. Tamén se colocará unha nova sinalización horizontal e vertical, e iluminación led”.

O concelleiro de Economía subliñou que “este proxecto ten un prazo de execución de 4 meses e medio e conta cun orzamento de case 100.000 euros”.