Skip to main content
Ribadeo

A Escola de Música e Danza de Ribadeo e o Conservatorio de Viveiro organizan un concerto

Por 14 Marzo, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan un concerto no que participarán agrupacións dos dous centro educativos.

Esta actividade terá lugar o mércores, 15 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre.

Por parte do CMUS Profesional de Viveiro será unha agrupación de cámara a que interpretará un repertorio variado pasando por diferentes períodos musicais. E pola EMMeD será a Big Band do centro a que interprete unha pequena selección de temas clásicos característicos deste tipo de formación.

Estes intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.