Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo di que “a actitude deste Goberno do BNG deixa ben claro que actúan por simple electoralismo”

Por 16 Marzo, 2023Sin comentarios

A coordinadora de promoción local dos populares ribadenses, Marta Saiz, sinala que “a actitude deste goberno do BNG deixa ben claro que actúan por simple electoralismo”. Nese sentido, denuncia “catro anos de sesta permanente, catro anos a rebufo, catro anos prometendo sen ningún tipo de planificación nin de xestión. Só para facer que fan, pero sen feitos concretos”.

A popular pregúntase “cantas veces escoitamos prometer o arranxo das rúas peonís que, por certo, se converteron xa nun perigo para os peóns. Todo quedou en nada. Todo o anunciado quedou nun simple escudo que nin se ve”, afirma.

Por outra banda, sinala que “agora, de repente, apareceu un orzamento para arranxar, parece ser, o Forte de San Damián cando este grupo municipal leva catro anos reivindicando este arranxo. Sorprende agora un convenio coa Deputación e tamén sorprende bastante que ninguén desta administración dixera nada ao respecto”.

Saiz engade que “anunciaron e anuncian unha morea de inversións cando aínda non cumpriron o prometido fai tempo”. Nese sentido, pregúntase “que pasa coa praia do Cargadeiro. E que pasa coas carreteras da Deputación? Que Dios nos colla confesados se pasa nas doutras administración porque xa estarían as pancartas por aí polas rúas”.

Falando da estrada de Vilela, a popular cre que o arranxo debería “continuar ata Vilela co pavimento e co pintado”. Sobre a carretera que pasa por Arante e tamén a que pasa por Santalla, pregúntase por que o goberno local do BNG non lle esixe á Deputación o seu arranxo”.

A popular continúa a enumerar os incumprimentos do actual goberno: “o campo de fútbol de Outeiro na Devesa ou o hangar de piragüismo que da pena velo. Prometen e prometen, pero nada”. É tamén o caso da rúa Manuela Barreiro Pico; a rúa Rodríguez Murias en Rinlo; os lameiros que o goberno local decidiu chamar aparcadoiros pero que de aparcadoiros teñen moi pouco”.

Saiz que asegura que “o goberno do BNG acumula unha serie de promesas sen cumprir e aínda seguen prometendo”. Nese sentido, insiste en que “o pouco que fixeron foi por presión veciñal e deste grupo municipal”. Así mesmo, non entende “que prometen se aínda teñen todo sen rematar. Non remataron nin a que venderon como obra do mandato: a pista multideporte -máxima en tempo, mínima en dimensións-”.

É por iso polo que a popular se pregunta “a quen queren enganar, se levan catro anos a rebufo, sen organización ningunha e sen ningún tipo de planificación e, por riba, obstaculizando a inversión doutras administracións. Non gasten enerxía en prometer porque os veciños xa perderon a confianza”, conclúe.