Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario en abril

Por 19 Marzo, 2023Xuño 9th, 2023Sin comentarios

A Concellaría de Igualdade organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario. Será o 16 de abril. O prazo de inscrición ábrese hoxe.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “como xa adoita ser habitual nestas datas, desde a Área de Igualdade preparamos unha viaxe que ten como obxectivo potenciar a sororidade e o autocuidado da muller”.

A edil ribadense explica que “neste caso o destino elixido é o Termaria Talaso da Coruña. A viaxe será o domingo 16 de abril, saíndo ás 14.30 horas da Escola de Música e regresando ao redor das 21.00 horas.

As mulleres que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 21 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea ou autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse estará aberto do 16 ao 31 de marzo. As mulleres interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM, á dirección electrónica: cim@ribadeo.org, ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas”.

As instalacións de Termaria Talaso están situadas na Casa del  Agua, xusto á beira do estadio municipal de Riazor. En Termaria cáptanse todos os beneficios da auga de mar, que é quentada a unha temperatura similar á do corpo humano. A esta temperatura e debido ao proceso de ósmosis, os sales minerais, lodos, algas e demais elementos da auga están preparados para penetrar na pel e xerar os seus recoñecidos efectos terapéuticos.

Coa entrada ao recinto terase a disposición a gran piscina activa de auga de mar, o completo circuíto termal con gran número de elementos (saunas de distinto tipo, fonte de xeo, zonas de contraste, corredor de choiva, pediluvio, etc); terrazas con xardín e sauna exterior; e sala de descanso con calor infravermella. É preciso que as asistentes leven gorro, toallas e chanclas para as zonas acuáticas.

Mónica Freire subliñou que “organizamos esta viaxe, porque consideramos importante que as mulleres establezamos límites para o noso propio benestar, priorizarnos e reservar un tempo de calidade para o autocuidado”.