Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo adquiriu un remolque para os tractores municipais

Por 25 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello adquiriu un remolque para os tractores municipais, segundo deu a coñecer o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo vén de investir 5.700 euros, con fondos propios, na compra dun remolque necesario para os tractores municipais. Con este apeiro dende a Delegación de Medio Rural do Concello podemos dar máis servizos e conseguir máis autonomía e eficiencia nos traballos”.

Villamil dixo que “agora mesmo estamos facendo labores de acondicionamento nas gabias e pistas, atendendo ás necesidades da veciñanza en cada parroquia”.