Skip to main content
Deportes AMARIÑAXARibadeo

O Club Piragüismo Altrúan de Ribadeo conseguiu varios ouro no LIII Campionato de España de Novas Promesas

Por 31 Marzo, 2023Sin comentarios

Esta pasada fin de semana disputouse no encoro de Arcos de la Frontera, Cádiz, o LIII Campionato de España de Novas Promesas Cadete e Infantil, competición que reuniu a 1.071 deportistas procedentes de 108 clubs.

O Club Piragüismo Altrúan de Ribadeo acudiu cunha prometedora representación de padeeiros que lles permitiu facer un papel sobresaliente, sobre todo na categoría infantil A K1 3.000 metros, onde a ribadense Elena González Rico logrou o ouro. Na mesma categoría, pero en infantil B, Manuela Lastra Castrillo tamén lograba o ouro. E por último, tamén logrou o ouro na categoría de paracanoe Elena Custo Carballeira.