Skip to main content
Trabada

Os socialistas de Trabada consideran que o PP “non está lexitimado para falar de residencias”

Por 7 Marzo, 2023Sin comentarios

Os socialistas de Trabada defenden as políticas de atención as maiores postas en marcha pola Deputación de Lugo e o Concello de Trabada, ao tempo que consideran que “o PP non está lexitimado para falar e residencias”.

O PP non pode falar de escurantismo na xestión das residencias de maiores despois do que pasou por exemplo nas residencias da Comunidade de Madrid durante a pandemia”, engaden os socialistas, que apuntan que “concello e deputación suplen con políticas sociais a falta de implicación da Xunta, cantas residencias públicas abriu o goberno galego do PP na provincia de Lugo?”.

“A residencia de Trabada ten 34 usuarios e usuarias, xa que acaba de ampliarse a 39 prazas, cun modelo de xestión centrado nas persoas, un modelo no que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co seu medio, familiares, amigos e veciños; en definitiva, un modelo para que os maiores atopen neste centro o seu fogar”, reivindica o PSOE.

En palabras dos socialistas, “do único do que se preocupou o PP foi de levarnos ao xuzgado para que non abríramos a residencia”.

“Escurantismo é o que fixo o portavoz do PP coas parcelas da Deputación das que facía uso, colleitando o que producían e incluíndoas na PAC para cobrar axudas sen que a titular dos terreos tivese coñecemento e por tanto, sen autorización. Non entendemos como o PP de Elena Candia conta con persoas coma el para liderar un proxecto político”, remata o PSOE.