Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

O Valadouro acollerá o vindeiro 14 de abril o Ouro Fest

Por 26 Marzo, 2023Sin comentarios

O Valadouro acollerá o vindeiro 14 de abril o Ouro Fest, un festival de música para desfrutar das mellores orquestras.

Nesta cita participarán París de Noia, presentando a súa nova xira da ilusión, e a macrodiscoteca Euphoria, a máis grande de Galicia.

Este espectáculo musical será no parque de Ferreira do Valadouro e contará con servizo de bar e carpa cuberta.

Para asistir será necesario mercar unha entrada no Temple Bar de Covas; Salitre e Vista ALegre de Burela; O Carballas en Cangas, Muelle Bar en Foz, O Colorado no valadouro, O Frenazo en Alfoz, O Torreón en Lourenzá, O Palique de Mondoñedo, O Asadaro de Barreiros, e A Bugalla ou Galipizza en Ribadeo.