Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAO Vicedo

Aberta a inscrición para o III Trail do Caolín ao Fuciño do Porco

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

A organización do Trail do Caolín ao Fuciño do Porco informou de que xa está aberto o prazo de inscrición para o III Trail do Caolín ao Fuciño do Porco.

Esta proba deportiva, que se celebrará o 21 de maio e homenaxeará a Natalia Sánchez Pulgar, terá dúas distancias para Trail e unha para a andaina.

O Trail corto e a andaina serán de 15 quilómetros, o longo de 28. As inscricións, aínda non están abertas, pero previsiblemente poderán facerse no enlace de sportmaniacs.

Esta proba repartirá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os máis veteranos e o máis novo.

Os horarios de saída serán ás 9.30 o trail longo, seguido da andaina á mesma hora e ás 10.30 o trail curto. Para o trail curto e andaina puxéronse autobuses para achegar aos participantes á zona de saída 1 hora antes das saídas.