Skip to main content
O Vicedo

Os técnicos valoran unha ponte colgante no acceso ao Fuciño do Porco

Por 31 Marzo, 2023Sin comentarios

O acceso ao Fuciño do Porcopodería pernacer pechado ata o vindeiro verán tralo deterioro que sofre o acceso ao enclave natural tralas chuvias do inverno e os conseguintes desprendementos.

A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, está a elaborar un proxecto de reparación que garanta a seguridade do paso. Así, segundo o alcalde, Jesús Novo, deseñaron unha ponte colgante sen apoios intermedios e unicamente suxeitada no istmo e nun punto firme do camiño de entrada onde se colocarían bases de formigón.

Tamén contaría con  cables de aceiro que suxeitarían a pasarela que permitiría chegar ás pasarelas existentes de madeira. Nun primeiro momento os técnicos terán que estudar ben a zona con drons.

Así mesmo, farase un peche perimetral con malla na parte dereita do camiño actual para evitar o acceso de persoas ata dito punto.

Por outra banda, o Concello está a estudar con técnicos se resultaría viable habilitar provisionalmente unhas escaleiras que permitan a entrada á punta Sucastro durante o verán. “Esto so sería posible se non resulta perigoso”, di o rexedor.