Skip to main content
Viveiro

Desconvocada a folga de limpeza de Viveiro prevista para Semana Santa

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

Desconvocada a folga de limpeza prevista para a Semana Santa de Viveiro tralo acorto entre  traballadores e empresa FCC Medio Ambiente.

O Concello de Viveiro amosa a súa satisfacción polo resultado ao que chegaron os representantes dos traballadores e da empresa, que supón a desconvocatoria da folga de limpeza e recollida de residuos prevista para Semana Santa.

Na reunión celebrada coa mediación da alcaldesa, María Loureiro, os representantes dos traballadores e da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza acordaron a actualización do convenio colectivo, pendente dende hai dous anos.

“Estamos realmente satisfeitos de que se chegara a este acordo, que cumpre coas reivindicacións dos traballadores”, subliña a alcaldesa de Viveiro.

“Trátase dunha boa nova para este colectivo, que ve recoñecidos os seus dereitos, e tamén para toda a vila, que contará con servizo de limpeza nunhas festas tan especiais na nosa vila como é a Semana Santa”, engade María Loureiro.