Skip to main content
Viveiro

Viveiro súmase á nova iniciativa do Globo Marruán

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro súmase á nova iniciativa do Globo Marruán, o proxecto que naceu hai catro anos da man da Asociación Pratodo. O seu obxectivo é recuperar a historia real de Marruán, o barbeiro viveirense que entre 1892 e 1910 coordinou á poboación para crear un globo aerostático con material de refugallo da época.

Xunto á labor divulgativa e didáctica desenvolvida en diferentes colexios e con distintos obradoiros, os seus impulsores buscan tamén a colaboración cidadán en cada uno dos pasos previos de cara a facer voar o Globo Marruán.

O Concello de Viveiro, promotor deste proxecto colectivo e inclusivo dende o seu nacemento, colaborará na recompilación de bolsas de plástico habilitando dende mañá, día 15, e ata o día 31 de marzo un espazo para a súa recollida.

Os seguintes pasos serán cortar as bolsas e unilas con cinta adhesiva e co-crear o Museo Aerosolar e unha exposición.

O proxecto do Globo Marruán permite recuperar a historia de Viveiro ao tempo que traballa en valores como a cooperación e a conciencia medioambiental.