Skip to main content
Xove

Este domingo 19 será a XXIV Ruta Cabalar da Medela de Xove

Por 17 Marzo, 2023Marzo 18th, 2023Sin comentarios

Este domingo 19 de marzo será a XXIV Ruta Cabalar organizada pola asociación equina A Medela de Xove. A xornada comezará ás 10.00 horas con saída dende o campo da igrexa de Sumoas para admirar as paisaxes de Xove.

Máis tarde e no medio da ruta haberá uns pinchos para os participantes, ao que seguirá un xantar popular nunha carpa instalada no campo da igrexa. Estará servido por Pulpería Mario e manizado por un grupo musical aínda por confirmar. Tamén haberá sorteo de agasallos.