Skip to main content
Xove

O Concello de Xove di que a implantación da Liña Verde foi un éxito

Por 23 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove manifesta o éxito obtido no seu municipio despois da  implantación de Línea Verde. Dende a posta en funcionamento do servizo, a participación  cidadá experimentou un crecemento exponencial. Isto demostra unha eficaz resposta por parte  do concello na resolución das incidencias comunicadas polos veciños.

A día de hoxe, o 95% das incidencias recibidas foron xa solucionadas, o outro 5% non está  dentro das competencias do Concello, pertenecen a otras administracións. Os tipos de  incidencias máis frecuentes son aquelas que fan referencia a Beirarrúas e calzadas (22%),  seguido de Alumeado público (20%), Parques e xardíns (10%), Lixo (11%), Puntos de  Auga (9%), Sumidoiros”(5%), Mobiliario Urbano (5%), Limpeza (5%) e Varios (8%).

Grazas a implicación directa dos veciños, o concello puido levar a cabo rápidas actuacións. Para poder utilizar este servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o  usuario accede a Google Play o APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu  Smartphone (Android/iOs). Unha vez localizada, lévase a cargo a descarga de forma gratuita. A  partir dese momento, o usuario seleccione o municipio sobre o que quere comunicar a  incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar un desperfecto, é suficiente con pinchar sobre o botón ‘Nueva incidencia’. Un  desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona  aquelas sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas  exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e  observacións sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal  do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse  os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán a súa vez, recibe notificación no  seu teléfono móbil, sempre que se produzca un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio www.lineaverdexove.es.  Tamén ofrece os seus servizos a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no  horario de 8:00h a 17:00h (coste da chamada 0.07€/min.)

O Concello manifesta estar moi satisfeito cos resultados obtidos e anima aos veciños do  municipio a seguir utilizando este canal directo de comunicación.