Skip to main content
BurelaCultura AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Jaime Seijas, Club Cerezo Bikes: “Este ano teremos sorpresas para corredores e público”

Por 9 Abril, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Cando se creou o Club Ciclista Cerezo Bikes e por que naceu a idea?

Pois este ano vamos facer os nosos primeiros 10 anos de historia. Nun principio creouse cando só éramos un grupo de amigos coa mesma afección e dos cales a maioría practicaba enduro, o caso foi que para poder facer unha equipación, federarse e outras vantaxes decidimos facer un club novo. Nun principio a idea era facer un club pequeno pero co tempo fomos medrando e hoxe en día están integradas a maioría das variantes do ciclismo, enduro, estrada, ciclocross, XC, etc. Somos unha gran familia.

Cantas persoas compoñen o club?

Agora mesmo somos preto de 50 socios os que estamos asociados.

Cales son os plans de futuro do Club Ciclista Cerezo Bikes?

Tampouco temos plans a longo prazo, simplemente ir ano a ano facendo o mellor posible, e sempre que sexa posible seguir mantendo os circuítos de enduro que temos no Monte Castelo, e por suposto seguir organizando a carreira Enduro Monte Castelo Burela.

Cales son os obxectivos que teñen?

O noso obxetivo principal é apoiar e fomentar o deporte en xeral, facendo fincapé, como é lóxico, no ciclismo, ademais gústanos poder poñer en contacto xente coa mesma afección e poder saír xuntos e resolver a dúbidas que teñan.

Que tipo de actividades diarias fan?

Como é lóxico facemos saídas en bicicleta, uns saen polo monte e outros na bici de estrada.

Ademais de vez en cando adoitamos facer xuntanzas coa xente do no noso club e clubs próximos para andar, e algunha vez incluso para facer o propio mantemento dos circuítos de enduro do Monte Castelo.

Necesitades adestramento?

A gran maioría soamente teñen a bicicleta como unha afección máis, pero si é certo que hai xente que o toma máis en serio e incluso vai a estradas e como é lóxico esa xente si leva un plan de adestramento persoal. Pero realmente non sería necesario.

Esta é a terceira ruta Enduro Monte Castelo, tivo boa acollida?

Pois as outras dúas edicións tiveron moi boa acollida, tanto no propio pobo de Burela como no que a participación se refire.
Deixárase de organizar por varios motivos pero este ano gracias o apoio da Asociación de comerciantes, industrias e autónomos de Burela, ACIA, podemos facer unha terceira edición e esperemos que poidamos seguila facendo ano tras ano.

Como será a edición 2023?

Pois este ano vai ser algo diferente as outras edicións pois temos algunhas sorpresas que esperemos que gusten non só os corredores que veñan ese fin de semana senón tamén para o propio público.

Será o mesmo percorrido?

Na gran maioría si que vai ser o mesmo percorrido no que o monte se refire pero este ano a novidade principal vai ser que a última baixada vai transcorrer polas propias rúas de Burela facendo un tramo como un descenso urbano que rematará xusto na praza do Concello.

Contades con apoio municipal para este tipo de eventos?

Si que contamos co apoio municipal, tanto para as infraestruturas, como persoal do concello, etc.