Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

A casa da cultura de Alfoz acollerá unha actuación de Caxoto con ‘Micromachista eu??’

Por 8 Marzo, 2023Sin comentarios

O venres 17 de marzo, ás 20.30 horas no salón de actos da casa da cultura haberá unha actuación de Caxoto con Micromachista eu?? para fomentar a igualdade e conmemorar o Día Internacional da Muller, 8 de marzo.

Coma sempre a entrada e gratuíta para poder disfrutar de 60 minutos de espectáculo dirixido a público adulto e adolescente e reflexionar con humor sobre a igualdade e nós mesmos.

SINOPSE

Certa vez falando de igualdade para un grupo de persoas adultas un home indignado foise da xuntanza preguntándolle ao mundo unha e outra vez sen dar creto “micromachista eu?”… Esa é a reacción normal que temos cando alguén nos insinúa que podemos estar tendo unha actitude ou comportamento sexista. Poucas veces a persoa que se indigna sabe realmente identificar cales son estas actitudes ou comportamentos machistas.

Nesta función Caxoto relátanos dende a súa comicidade habitual, a súa experiencia como narrador oral á hora de traballar a igualdade de xénero dende o escenario. Unha experiencia que reflexa a realidade da educación en xénero dentro das nosas escolas, das nosas familias, da nosa sociedade. Unha análise de quen somos e de onde vimos para trazar mellor unha meta á que chegar. A meta da igualdade real entre homes e mulleres.