O Concello de Viveiro acolle o próximo 25 de marzo un curso de Composición Fotográfica organizado pola Asociación Fotográfica Os Negativos.
A actividade, totalmente gratuíta, desenvolverase na sala multiusos do Concello. As inscricións poden realizarse nos teléfonos: 649 037 300 (Ocaña) e 647 568 383 (Paco).
