Skip to main content
Axenda CaducadaXove

O salón de actos do Concello de Xove acolle unha charla sobre o solo pelviano

Por 23 Marzo, 2023Sin comentarios

O próximo día 24 de marzo ás 19.30 horas, terá Iugar no salón de actos do Concello de Xove, unha charla sobre o solo pelviano.

Estará impartida por María González Cociña, matrona burelense, formada en Barcelona no ano 2014, e que acompaña ás mulleres ao longo da súa vida, dende a adolescencia á menopausia e é unha gran apaixonada so seu traballo.

Está formada en solo pelviano, ca súa charla pretende transmitir a importancia do coidado do mesmo, no día a día, para evitar e mellorar posibles molestias do presente ou do futuro, mellorando moito a calidade de vida. Ela transmite que, ter perdas de ouriña, dor nas relacións sexuais ou infeccións recurrentes non é normal e ten solución.