Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

Trabada acolle unha nova edición de TapEo

Por 24 Marzo, 2023Sin comentarios

 O Concello de Trabada, en colaboración cos establecementos de hostalaría, organiza unha nova edición de TapEo.

Do 31 de marzo ao 2 de abril, regresa esta cita gastronómica na que se poderá degustar una selección das mellores receitas preparadas nas cociñas dos restaurantes e bares de Trabada.

A Taberna da Curuxeira ofrece como tapas nesta edición o cachopín e os garbanzos mariñeiros, mentres que o Bar o Porfirio participa cunha piruleta asturcelta con salsa barbacoa e un salpicón de marisco, e o Mesón Camiño Norte cunha carrilleira en salsa e empanadillas de primaveira.

“Dende o Concello de Trabada organizamos o TapEo cun dobre obxectivo: por unha banda buscamos impulsar e dinamizar o sector hostaleiro da nosa vila, e por outro, poñer en valor o produto local, cunha selección de pratos na que se amosa tanto a súa calidade, como a variedade de posibilidades na súa elaboración”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

“Estamos desexando poder probar xunto aos nosos veciños e veciñas, e os visitantes que se acheguen ata Trabada, todos estes pratos que de seguro, un ano máis, serán un éxito”, engade a rexedora.

O prezo das tapas neste TapEo 2023 é de 2 euros.