Skip to main content
Lugo

A Sociedade Filarmónica de Lugo organiza un concerto este sábado

Por 2 Marzo, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

Este sábado 4 de marzo o Círculo das Artes de Lugo acolle un concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo ás 20.00. Durante o concerto Sergey Malov interpretará obras de W. A. Mozart, CPh. E. Bach e FJ. Haydn.

Natural de San Petersburgo, Sergey Malov está considerado un músico tan versátil como virtuoso: toca o violín, a viola, o violín barroco e o violoncello da spalla, instrumento co que probablemente o propio Johann Sebastian Bach tocou as súas suites para violoncello. O seu repertorio abarca dende a música barroca antiga ata Johann Sebastian Bach, dende os concertos para violín clásicos e románticos ata as estreas mundiais de música contemporánea. Nas súas interpretacións aborda intensamente cuestións de estilo e técnicas de interpretación de cada época.

Co violín, Sergey Malov gañou premios no Concurso Paganini de Xénova, o Concurso Mozart de Salzburgo, o Concurso Heifetz de Vilna e o Concurso Michael Hill de Auckland. Coa viola gañou premios no Concurso ARD de Múnic e no Concurso de Viola de Tokio.

Programa:

W. A. Mozart – Concerto para violín e orq. nº 1 en si bemol maior

CPh. E. Bach – Sinfonía en si bemol maior Wq179

FJ. Haydn – Concerto para violoncello e orq. nº 2, en re maior

F. J. Haydn – Sinfonía nº 36 en si bemol maior Hob. I:36