Skip to main content
Lugo

O Lugar de Reque acolle varias actividades e obradoiros para celebrar os Días Europeos da Artesanía

Por 22 Marzo, 2023Marzo 23rd, 2023Sin comentarios

Lugo súmase a celebración dos Días Europeos da Artesanía, cunha programación de obradoiros e demostracións de cestería, traballo con pedra, pintura mural e tecido con esparto que se desenvolverá do 27 de marzo ao 2 de  abril en Reque, en Lugo.

Durante unha semana poderase aprender e disfrutar do traballo de artesás e artesáns que revisan e actualizan oficios tradicionais e técnicas ancestrais ligadas á terra,para achegar solucións contrastadas e ecolóxicas. Estas actividades celebraranse no Lugar de Reque que se está a recuperar para a cidadanía de Lugo e para todas as persoas que visitan a cidade con propostas formativas e lúdicas en beneficio dun consumo máis responsable e  un futuro máis sostiblel.

O programa contempla obradoiros de cestería orientados ao público en xeral que estarán dirixidos polas artesás Beatriz Valín, Carlos Rubio, Carmen Fieiras,  Idoia Costa e María Folgueira.  Durante a fin de semana,  Álvaro Leiro máis enfocada a cesteiras e cesteiros  profesionais.

O prazo para as inscricións está aberto ata o 24 de marzo. As persoas interesadas en participar poden solicitalo  a través do enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome, DNI e contacto.

O programa inclúe tamén demostracións, que non requiren inscrición previa, dirixidas por Doa Ocampo, que desenvolverá un dos seus murais da serie Reforestando; Xabier Quijada que traballará na restauración do forno do Lugar de Reque e Agnes Baldomá, que traballará o tecido con  fibras vexetais.