Skip to main content
Becerreá

O club de lectura de Rente ao Couce xa ten nova data

Por 27 Marzo, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Rente ao Couce organiza unha nova edición da actividade mensual de club de lectura que terá lugar o mércores 29 de marzo. 

A actividade dará comezo ás 20.00 no bar Paris e nesta ocasión o encontro será arredor dun libro para todas as idades, Déixate de odegas do autor Xosé Manuel Vega.  

Con esta actividade a asociación busca fomentar o amor polos libros, un ocio diferente e a defensa da nosa cultura e da nosa lingua.