Skip to main content
Lugo

O Lugo Cultural organiza unha sesión de micro aberto o vindeiro luns

Por 23 Marzo, 2023Marzo 25th, 2023Sin comentarios

O Lugo Cultural organiza unha xornada de micro aberto o vindeiro 27 de marzo.

A actividade celebrarase na cafetería da Facultade de ADE e a primeira consumición será gratis.

A actividade dará comezo ás 20.30 e está aberta a todo aquel que teña unha canción, un monólogo, unha poesía, un texto ou algo que dicir.

Calquera expresión artística é benvida e para máis información ou para enviar a túa proposta está dispoñible o enderezo electrónico cultura.lugo@usc.gal.