Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugoMeira

Sergio Vallejo compartirá este martes a súa experiencia nunha charla no Pazo de San Marcos

Por 6 Marzo, 2023Sin comentarios

Sergio Vallejo estará mañá martes 7 de marzo no Pazo de San Marcos para falar da súa experiencia no Rally Dakar nunha charla coloquio donde o piloto meirego compartirá co público vivencias e reflexións sobre a súa participación no rally máis duro do mundo.

O deputado de Deportes Efrén Castro convidou a todas as persoas afeccionadas ao automobilismo a achegarse ao acto e coñecer de primeira man e polo miúdo a valoración que Sergio Vallejo fai da súa experiencia no Dakar, un fito na súa carreira deportiva pero tamén para o  deporte lucense.

O acto celebrarase no Salón de Actos ás 20.00 horas, con entrada libre ata completar a capacidade do auditorio. Durante a tarde, o Century CR6 co que competiu estará exposto na Praza de San Marcos. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocinou o proxecto deportivo do “lobo de Meira” que, despois de máis de tres décadas de exitosa traxectoria no rally de asfalto, participou este ano por primeira vez no Dakar, co lucense Mario G. Tomé como copiloto.