Skip to main content
Baralla

Miguel González Piñeiro encabezará a lista do PP en Baralla

Por 10 Marzo, 2023Sin comentarios

O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Baralla nas vindeiras eleccións municipais de maio será Miguel González Piñeiro que foi presentado nun acto ao que asistiron o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; alcaldes, veciños e veciñas.

O popular puxo de relevo “a vertente humana que sempre tivo e ten o PP de Baralla” e que se traslada ao modo de entender o goberno local “dende a cercanía aos veciños e a súa atención no día a día”. Tras catro anos á fronte do goberno local, “os propios veciños coñecen e, polo tanto, poden valorar o traballo feito con esforzo e dedicación en corpo e alma a atender as súas necesidades e tratar de mellorar a súa calidade de vida”, sinala o alcalde que se amosa disposto a seguir esforzándose polos seus veciños.

A dirección provincial incide tamén na súa “proximidade e na súa disposición para os veciños” e, sobre todo, co seu “compromiso con Baralla”. Os populares apostan pola continuidade da man de Miguel González Piñeiro que é “o candidato idóneo” avalado pola súa “gran xestión á fronte do Concello que os veciños saberán valorar”.

González Piñeiro encabezará a lista por primeira vez neste 2023, pero con catro anos de traballo feito. Polo tanto, dende a dirección provincial agardan “mellorar os resultados con respecto ás pasadas eleccións”; xa que “o contexto actual é favorable ao Partido Popular e as municipais suporán un cambio de ciclo político”.