Skip to main content
Baralla

Xabier González será o candidato á Alcadía do BNG en Baralla

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

Xabier González Pardo será o candidato á Alcaldía do Bloque Nacionalista Galego en Baralla para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

Designado por unanimidade, Xabier é natural de Guimarei e gandeiro. “Agradezo a confianza das compañeiras e compañeiros para asumir este reto de encabezar o proxecto do BNG, o que asumo con todo o respecto e ilusión para liderar o cambio en Baralla”declarou.

O candidato do BNG á alcaldía de Baralla destacou “contamos cun proxecto claro, sólido e aberto á veciñanza, para facer de Baralla un concello mellor, baixo a transparencia, o rigor e coa garantía de que o único compromiso témolo coas veciñas e veciños”

De igual xeito, Xavier González destacou que “a aposta do BNG é a única capaz de dar un xiro á política municipal, alí onde goberna o BNG, prodúcense avances na mellora da vida da súa veciñanza, temos que deixar atrás a Baralla gris e actuar cun proxecto que ilusione, centrado nas potencialidades de Baralla” e incidiu “desenvolver un modelo de concello, onde a veciñanza conte cos mellores servizos públicos, por toda a confianza nas ideas e o talento local para impulsar a actividade económica e ter claro que a equidade e transparencia son os piares para xestionar os bens de todas e todos”