Skip to main content
Becerreá

Becerreá acolleu unha poxa esta fin de semana

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

Becerreá acolleu a susbasta de novillas organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, que “tivo un éxito rotundo despois de adxudicarse as sete novillas presentadas á poxa, todas elas en cantidades moi por riba dos 2.000€ do prezo de saída, o que levou a conseguir un prezo medio de 2.635€”.

A maior cotización foi para unha novilla procedente do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que foi vendida en 3.300€, un dos prezos máis altos da historia das poxas organizadas por Acruga.

O día festivo e o bo tempo fixeron que o mercado gandeiro de Becerreá quedase pequeno para acoller a numeroso público, procedente de varios municipios lucenses, pero tamén de fóra da provincia.

A poxa comezou forte, coa primeira novilla procedente dunha gandeiría particular, en Castroverde, que se vendeu en 2.900 euros a un gandeiro de Baralla. Outra novilla da mesma explotación de Manuel Berdeal foi adquirida por un gandeiro de Pedrafita do Cebreiro. As poxas comezaban con contías altas que continuaron nas subastas dos seguintes cuatro animais procedentes do centro Gayoso Castro, adxudicados en prezos que oscilaron entre os 2.000 e os 2.850.

A subasta do último exemplar do centro de recría, unha novilla de 24 meses, con xenealoxía de Marelo por Marelo, e con sete meses de preñez adxudicouse a un gandeiro con explotación en Vigo, por valor de 3.300 euros, un dos prezos máis altos que se lembran en Acruga obtidos en subastas deste tipo. Tras estes resultados, con contías tan elevadas, o prezo medio da subasta ascendeu a 2.635 euros, con todos os animais adxudicados, o que supón un moi bo resultado.

O 21 de abril é a data escollida para celebrar a outra das grandes poxas da provincia, a de Pedrafita do Cebreiro, na que se esperan resultados tan bos como os obtidos en Becerreá.