Skip to main content
BecerreáCastroverde

Castroverde e Becerreá contarán con dúas novas concentracións parcelarias

Por 14 Marzo, 2023Sin comentarios

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo dous encontros informativos con veciños beneficiados polas novas concentracións parcelaria decretadas nos concellos lugueses de Castroverde e Becerreá, co fin de informalos sobre as particularidades de cada un dos procesos, e mediante os cales a Xunta prevé reorganizar unha superficie de case 1.000 hectáreas.

Así, a primeira das reunións foi cos beneficiarios da parcelaria de Riomol, no concello de Castroverde. Este proceso prevé reorganizar unha superficie de 494 hectáreas, dividida en 1.192 parcelarias propiedade de 143 veciños. Neste proceso, a Consellería do Medio Rural
ten previsto investir preto de 1,5 millóns de euros.

Seguidamente, a directora xeral trasladarase ao concello de Becerreá para abordar cos veciños de Guilfrei as características deste novo proceso, que prevé reestruturar unha superficie de 441 hectáreas divididas en 1.871 parcelas, propiedade de 142 veciños. Neste caso, o orzamento previsto pola Consellería ascende a algo máis de 1,3 millóns de euros.

Ao igual que o resto de parcelarias decretadas nos últimos anos, estes procesos decláranse mediante a Lei de mellora de estrutura territorial de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir os seus custos de produción. Desta forma, en Castroverde veranse beneficiadas 22 explotacións e en Becerreá 31 granxas agropecuarias.