Skip to main content
O Corgo

O mercadillo organizado pola asociación Os cinco ríos do Corgo chega para quedarse

Por 13 Marzo, 2023Sin comentarios

A asociación de veciños Os cinco ríos do Corgo celebrou este domingo a inauguración do mercadillo e rastrillo de cousas usadas que dende agora terá lugar todos os segundos domingos de cada mes.

O arranque deste primeiro rastrillo contou con postos de vendedores ambulantes con produtos de todo tipo, desde roupa e calzado ata mobles, maquinaria ou xoguetes. A xornada estivo amenizada polo grupo corguense A Legua Dereita, e contou cun posto de polbo para o desfrute dos visitantes.

Os Cinco Ríos é unha asociación integrada por veciños e veciñas de todas as parroquias do Corgo, que teñen como obxectivo impulsar distintas propostas, promover actividades e fomentar calquera movemento de interese para a veciñanza.

Nesta inauguración, ademais de numerosos veciños, tamén participou o deputado Rivera Capón que felicitou aos membros do colectivo veciñal por esta “atractiva cita”, que se suma ás moitas actividades que promoven, porque abre “unha nova oportunidade para dinamizar a economía local e atraer visitantes”, e, ó mesmo tempo, afirmou, “é un exemplo da puxanza e do dinamismo do tecido asociativo da nosa provincia”, co que, destacou, a Deputación mantén
unha liña de colaboración moi importante.