Skip to main content
O Corgo

A asociación de veciños Os cinco ríos organiza unha xuntaza de confraternidade

Por 27 Marzo, 2023Marzo 28th, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo día 2 de abril a asociación de veciños Os cinco ríos organiza unha xuntanza de confraternidade.

A celebración dará comezo ás 19.30 no centro sociocultural do Corgo nunha sesión amenizada coa música do grupo Os trastiños do Castelo e co dúo Estrellas.

Están convidados todos os veciños do Corgo, tanto socios como non socios.

Ademais a asociación de veciños pon a disposición unhas rifas para o sorteo dunha figura de cabeza de cabalo en madeira, realizada de forma artesanal e doada por Maside.

Todos aqueles que participen coa compra das rifas contarán con pinchos gratis.