Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada acolle unha charla sobre ciberseguridade

Por 14 Marzo, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

O martes 20 de xuño a Fonsagrada acolle unha charla informativa sobre ciberseguridade: O teu día día, con seguridade.

Esta formación organizada polo CeMit en colaboración co departamento de ciberseguridade de Amtega busca ofrecer recursos dixitais de forma gratuíta.

A charla terá lugar na Casa da Cultura da Fonsagrada en horario de 12.00 a 13.00.

Haberá un total de 25 prazas e a idade mínima para acceder son os 16 anos. O prazo de inscrición xa está aberto e poderá realizarse a través do seguinte enlace.