Skip to main content
A Fonsagrada

O Club de Montaña Terras de Burón organiza unha charla de alpinismo

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Club de Montaña Terras de Burón organiza este sábado unha charla con Juan Mosquera.

O alpinista lucense estará o 18 de marzo ás 17.00 no salón de actos da Fonsagrada.

Juan Mosquera conta con grandes expedicións ás súas costas como o Kilimnajaro, Mont Blanc ou Marmolejo.

Nesta charla contará como iniciarse neste deporte, desde o material necesario ata como preparar unha expedición.