Skip to main content
A Fonsagrada

Aberto o prazo de inscrición para as actividades do segundo trimestre do Concello da Fonsagrada

Por 21 Marzo, 2023Marzo 22nd, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada ten aberto o prazo de preinscrición ata o día 29 de marzo para as actividade ofertadas durante o segundo trimestre do ano. 

A xestión realizarase por correo electrónico á dirección actividadesfonsagrada@gmail.com e para as actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, o criterio de admisión fixarase segundo a orde de recepción do folleto de preinscrición, tendo preferencia as persoas censadas no Concello. 

Esta tempada as actividades nas que se poderán inscribir son: ioga, pilates, bailes de salón e latinos e reforma de mobles.

Pilates terá lugar no Antigo IES os luns e mércores de 19.00 a 20.00 e as clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas. Ioga será tamén no Antigo IES dous días á semana, os luns e mércores de 20.15 a 21.15 e tamén será preciso un número mínimo de 15 persoas.

Baile será un día a semana os martes de 21.00 a 22.30 tamém no Antigo IES e as clases impartiranse sempre que xunten un número mínimo de 15 persoas. 

A actividade de reforma de mobles será na aula Verde os sábados de 10.00 a 13.00 e para estas clases o número mínimo de persoas somn 10. O custo trimestral do material é de 85€ que se realizará directamente ao docente. 

As tarifas para o trimestre de cada actividade son de 60 euros. Para máis información sobre estas actividades, pódese chamar aos números de teléfono 982 34 02 45 e 982 34 00 00. Outra opción é enviar un correo electrónico á dirección: cultura@afonsagrada.org