Skip to main content
Guntín

A Deputación mellora unha estrada provincial ao seu paso por Guntín

Por 4 Marzo, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou  a licitación por preto de 600.000€ dos contratos de obras para a acometer a mellora de dúas estradas provinciais unha delas a LU-P-2901 que conecta Lugo con Guntín segundo informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto.

Nesta estrada, a LU-P-2901, as obras realizaranse ao seu paso polo termo municipal de Guntín. “Aprobamos unha actuación moi importante, neste caso para continuar mellorando a estrada provincial LU-P-2901, que une os concellos de Lugo, Guntín e Palas de Rei, cun investimento que supera os 315.000€ para actuacións que afectan ó tramo que vai do quilómetro 13,1 ó 18,2, á altura de Guntín”, detallou, indicando que o prazo de execución dos traballos é de 2 meses unha vez den comezo.

García Porto explicou que, con este novo investimento, esta estrada quedará renovada practicamente na súa totalidade porque a obra licitada agora dará continuidade ós traballos que a Deputación realizou nos últimos anos. En total, a institución destinou máis de un millón de euros a esta vía, moi utilizada polos veciños e veciñas tanto das parroquias do rural de Lugo, como de Guntín e de Palas de Rei.