Skip to main content
Guntín

Xosé Mosqueira será o candidato do BNG á Alcaldía de Guntín

Por 29 Marzo, 2023Sin comentarios

Xosé Mosqueira será o candidato do Bloque Nacionalista Galego para encabezar a candidatura á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais, así o decidiu a asemblea local.

Xubilado do metal e veciño de Entrambasaugas, Xosé Mosqueira declarou “o BNG é garantía de traballo, honradez e capacidade de traballo para mellorar a vida das veciñas, este é o noso obxectivo, que Guntín avance”

Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou “Guntín merece unha proposta con confianza nas potencialidades propias e que faga desenvolver este concello, precisamos máis impulso e dinamismo”

Xosé Mosqueira agradeceu ás compañeiras e compañeiros do BNG por confiar nel para liderar a candidatura do BNG “quero agradecer a confianza que depositaron en min as compañeiras e compañeiros do BNG para poder encabezar este proxecto, o que estou seguro será a ilusión de moita veciñanza para mellorar Guntín”