Skip to main content
Lugo

Os veciños da milagrosa piden melloras na iluminación de dúas rúas

Por 1 Marzo, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa de Lugo denuncian “o lamentable estado da iluminación pública das rúas Milagrosa e Mallorca”.

Dende a asociación declaran que “0s problemas xerais son que a iluminación destas rúas é unha iluminación moi antiga e ademais só teñen iluminación dun lado que ao estar tan envellecida conta con pouca potencia e é moi contaminante”.

Esta asociación de veciños pide á Concellería de Infraestruturas do Concello de Lugo que “proceda á súa remodelación con carácter urxente, dada a importancia que supón na vida diaria dos veciños destas rúas e resto de persoas que transitan por elas”.

Por todo isto solicitan  que “cos orzamentos do ano 2023 se realice unha reforma integral da iluminación a rúa Milagrosa e rúa Mallorca, e que se substitúa a actual iluminación por unha iluminación máis potente e de menos
consumo e por conseguinte menos contaminante, xa que o perigo que implica a situación actual afecta por centos de persoas cada día”.