Skip to main content
Lugo

Yakart celebra a VI Feira do Caravaning

Por 5 Marzo, 2023Sin comentarios

A empresa de autocaravanas Yakart organiza entre os días 8 e 12 de marzo a VI Feira de Caravaning para todas as persoas interesadas na compra ou alugueiro deste tipo de vehículos.

Durante estes días a empresa realiza unhas xornadas de portas abertas onde se poderán visitar as súas instalación para coñecer os vehículos novos e de ocasión que están a venda e tamén aqueles dispoñibles para o aluguer durante as vacacións.

Nesta ocasión, ademais dos vehículos habituais da empresa, haberá tamén algúns trasladados dende a Coruña e vehículos de particulares que os desexan por á venda. A feira contará con descontos especiais e financiacións sendo unha oportunidade única para todos aqueles que desexen mercar un vehículos destas características.

A entrada será gratuíta e totalmente aberta durante os días que dure a feira cun horario de apertura de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 incluídos sábados e domingos. As instalacións están situadas na estrada de Santiago nº 540, no punto quilométrico 4,5.