Skip to main content
Lugo

O Museo Provincial acolle a exposición ‘A ollada sensible’

Por 2 Marzo, 2023Sin comentarios

O Museo Provincial de Lugo acolle a exposición A ollada sensible que nace froito dos obradoiros e actividades desenvolvidas desde a Rede Museística no marco do proxecto Fotografía a cegas nos últimos trece anos.

A mostra poderá verse de martes a sábado en horario de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.30 salvo domingos e festivos que o horario será de 10.00 a 15.00.

A mostra, que pode visitar na Sala Multiusos do Museo de Lugo, inclúe imaxes e vídeos realizados durante a última edición, coordinada polo artista lucense Iago Eireos e que, como en edicións anteriores, ofreceu a persoas con diversos graos de discapacidade visual participar deste campo creativo.

Este proxecto, un dos máis representativos da liña de traballo inclusiva da Rede Museística, contou ao longo destes trece anos con colaboración de artistas de diferentes disciplinas. Entre eles, ademais do propio Iago Eireos, Ledicia Bellón, Carmen Porteiro, Bárbara Faustino ou Vane Ribas, que suscitaron nos seus obradoiros boa parte das fotografías e vídeos que conforman a mostra.

A exposición, que pasará nos vindeiros meses polos diferentes museos da Rede, tamén viaxará, en setembro, a Valladolid (Museoa de Arte Africano da Universidade de Valladolid), e en outubro, a Madrid, (Academia de Medicina).