Skip to main content
Lugo

O PP critica a falta de transparencia nun contrato para os actos do 8M

Por 2 Marzo, 2023Sin comentarios

Segundo o Partido Popular “os pregos que licitan este contrato estipulan que hoxe día 2 ás 23.59 remata o prazo para presentar ofertas e que o adxudicatario ten que entregar todo o material producido, gravado e editado o día 6” un prazo “imposible de cumprir se non se comezou a realizar as gravacións con varias semanas de antelación” declara Mar Carballas.

As condicións “imposibles de cumprir” para o PP son “a realización de dous vídeos de entre tres e cinco minutos, un deles das 67 mulleres  premiadas dende 2002 e outro das premiadas neste 2023, para o que se pide entrevistas coas premiadas e os seus familiares”.  Entrevistar a un mínimo de 70 persoas e a edición de dous vídeos en tres días é “imposible de cumprir, salvo que xa se teña todo feito ou información previa” declaran os populares.

No PP lamentan “a falta de transparencia do goberno local” xa que con esta forma de actuar semella que “non dan as mesmas oportunidades a todas as empresas e autónomos interesadas en optar a realizar os vídeos da gala Entre Mulleres”