Skip to main content
Lugo

Renovado o asfalto do acceso á N-VI por garabolos

Por 6 Marzo, 2023Sin comentarios

O asfalto da vía de enlace entre a N-VI e a rotonda de Garabolos vén de ser renovado segundo anunciou Rubén Arroxo que explicou que “seguimos traballando na mellora das estradas e vías de Lugo, traballando para garantir a maior seguridade viaria en toda a cidade e nas zonas periurbanas”.

A solución executada pola Concellería de Infraestruturas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, adaptáronse os rexistros á nova cota da vía e renovouse a sinalización horizontal.

Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía habilitou nas pasadas semanas un paso peonil seguro comunicando esta zona con Meilán e afirmou que esta intervención garantiu “unha unión segura entre a zona rural e a zona urbana de Lugo de maneira accesible, ao mesmo tempo que damos resposta a unha solicitude da veciñanza, que ata o de agora non contaba cunha ruta peonil axeitada”.

O treito a mellorar corresponde á unión entre a rúa dos Chaos, en Meilán, coa Avenida de Garabolos, unha zona na que actualmente existe un camiño de terra de ancho moi escaso. Os traballos que executará a Tenencia de Alcaldía consisten na habilitación de novas beirarrúas de formigón ruleteado en todo o treito, o que facilitará unha maior adherencia e aumentará a accesibilidade.

“Seguimos traballando para mellorar a unión da zona urbana co rural, facilitando que a veciñanza conte con camiños que garantan a accesibilidade”, explicou Arroxo, que engadiu “nestes anos realizamos este tipo de camiños en Albeiros e Castelo, e continuaremos a traballar na comunicación peonil segura e accesible das zonas periurbanas”.