Skip to main content
Lugo

Veciños da Milagrosa continúan pedindo melloras na iluminación do barrio

Por 7 Marzo, 2023Marzo 8th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Distrito da Milagrosa continúa a pedir melloras na iluminación do barrio, nesta ocasión solicita  “a mellora necesaria e urxente da iluminación pública nas rúas Irmáns Carro e Concepción Arenal”, ambas pertencentes ao barrio da Milagrosa, rúas emblemáticas e moi poboadas.

As luminarias existentes ao longo destas dúas rúas, están “completamente obsoletas, ademais de altamente contaminantes, de elevado consumo e escasa potencia lumínica” declaran desde a asociación.

Por esto solicitan a Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo, que “executen a dotación orzamentaria aprobada a tal fin, substituíndo as luminarias actuais por outras de menor consumo, maior potencia lumínica e que iluminen de forma correcta ambos lados da rúa, ao mesmo tempo que sexan máis respectuosas co medio ambiente” tamén pide que se “fagan o máis axiña posible de tempo, xa que a situación actual supón un risco á seguridade viaria, que afecta a moitos veciños diariamente, tanto condutores como transeúntes”.