Skip to main content
Lugo

Lugo acolle este venres un concerto de Ilia Papoian

Por 8 Marzo, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Filarmónica de Lugo organiza un novo concerto para este venres 10 de marzo, que se celebrará ás 20.00 no Círculo das Artes de Lugo. 

Ilia Papoian, gañador de V Concurso Internacional Cidade de Vigo no ano 2021, será o encargado de interpretar a J.S. Bach, Schuman e Rachmaninov ao piano nunha xornada chea de música. 

Naceu en 2001 en San Petersburgo e aos 9 anos xa se converteu no gañador do concurso internacional xuvenil Chopin de San Petersburgo. Dende entón conta cunha formación completa en diferentes institucións como a Escola Secundaria Especial de Música do Conservatorio Estatal de San Petersburgo ou o Conservatorio Estatal Rimsky-Korsakov de San Petersburgo.

Aos 13 anos deu o seu primeiro concerto como solista no escenario da Capela Académica Estatal de San Petersburgo. 

Gañador de numerosos concursos de carácter internacional, entre os que destacan o X Concurso Internacional Xuvenil Tchaikovsky ou o XI Concurso Internacional Chopin para xoves pianistas Papoian chega a Lugo para encher de música o Círculo das Artes este venres.

Programa: 

J. S. Bach: Fantasía e Fuga en sol menor, BWV 542 (Arr. Franz Liszt)

R. Schumann: Davidsbündlertänze, op. 6

S. Rachmaninov: 4 Preludios Op. 32

S. Rachmaninov: Sonata nº 2 en si bemol menor Op. 36 (1ª Edic.)